A supernova en cuestión, SN2007bi, observouse en abril de 2007 nunha galaxia anana próxima e foi entre 50 e 100 veces mais brilante cunha supernova común. A intensidade do brilo mantívose durante meses, cando nunha supernova normal dura un par de semanas.
A estrela causante deste cataclismo podería ter 200 veces a masa do Sol. Ata agora a existencia de este tipo de estrelas tan masivas fora predicido polos astrónomos pero nunca se atopara.
Nas estrelas e nas supernovas se fabrican os elementos químicos coñecidos, de modo que tódolos átomos que forman o noso planeta e os nosos corpos formaron nalgún momento parte dunha estrela.
Este video trata de supernovas "normaliñas"
Para saber máis: