CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

lunes, 19 de abril de 2010

Volcáns en Islandia

Irene de 2º ESO nos envía este traballo de moita actualidade:


“A nube de cinzas volcánicas obriga a cancelar máis de 5.000 voos en toda Europa.”

“Experto afirma que non se pode facer unha estimación de cando vai termina-la erupción”

“200 voos cancelados no aeroporto pola nube - As aerolíneas teñen que cambiar ou reembolsar os billetes - Colas de ata catro horas para reclamar.”

Este tipo de titulares son os que podemos ler ou oír ultimamente nos medios de comunicación. E é que fai unha semana, o volcán Eyjafjöll (Islandia) entrou en erupción, desprendendo unha columna de cinzas a unha altura de 11 kilómetros aproximadamente. Dito volcán volveu ter erupciones posteriores, facendo que esta acumulación de pequenas rochas se expandira, e por mor do vento, a nube propagouse por todo o norte de Europa, coa consecuente cancelación dos voos nesa zona.

Aínda que esta noticia poda parecer incríble, xa que terá unha importancia económica debido ao alto número de voos cancelados, 227 anos atrás ocorreu unha erupción en Islandia moito máis devastadora. Trátase do volcán Laki, situado na mesma zona do país que o Eyjafjöll.

No ano 1783 o xoven país de Islandia, que permanecera habitado durante tan só 750 anos, contaba cunha poboación de 50.000 persoas. Nos anos seguintes máis de 1000 persoas morrían por causa da erupción deste volcán. Tamén morreron persoas en Gran Bretaña e no norte de Europa porque os cultivos e o gando morreu por culpa das cinzas e os gases tóxicos.

Islandia sitúase no terzo setentrional da dorsal atlántica que, cun eixe norte-sur, disecciona a illa, e ao mesmo tempo serve de límite ás placas continentais americana e eurasiática, por iso sufre tanta actividade sísmica e volcánica. Os seus habitantes xa están acostumbrados, de feito, nas escolas ensinan aos nenos como actuar en caso de erupción.

http://nogalescano.blogspot.com/2008/04/geologa_04.html

http://www.univision.com/contentroot/wirefeeds/world/8190083.shtml

http://www.bbc.co.uk/mundo/internacional/2010/04/100416_islandia_volcan_cambios_erupcion_pl.shtml

domingo, 18 de abril de 2010

Simios que "falan"?

Ao Longo do século XX desenvolvéronse numerosos experimentos tratando de ensinar linguaxe de signos a gorilas e chimpancés. Os investigadores conseguiron ensinarlles uns cen signos distintos, pero, os simios, non podían combinar máis de dúas ideas nunha oración. Os seres humanos teñen a capacidade de establecer un linguaxe de xeito innato, aínda sen ninguén que a ensine. Os nenos sordomudos inventan signos para comunicarse espontáneamente, sen necesidade de que alguén lle los aprenda.

A investigadora Sue Savage- Rumbaugh, que traballa con bonobos, obtivo logros sorprendentes xa que o animal co que traballa Kanzi, parece comprender perfectamente a linguaxe humana, e ata xoga con videoxogos!!! Nembargantes outros científicos non ven diferencias entre o que aprende Kanzi e o que aprenden os animais de circo.