Hoxe en día podería ser factible, pero tamén moi complicado, viaxar a Marte. Nembargantes as viaxes a outros sistemas planetarios e a outras galaxias semellan imposibles coa nosa tecnoloxía e a nosa curta vida.
Viaxando a velocidade da luz tardaríamos máis de catro anos en chegar á estrela máis cercana ao noso Sol e máis de dous millóns de anos en chegar a M 31, a galaxia de Andrómeda.
Pero dende hai xa anos a física teórica plantexa a posibilidade de encontrar atallos, que nos permitan percorrer enormes distancias en apenas uns instantes a traves dos chamados buracos de verme. Polo momento son só hipóteses moi atractivas que cadran no terreo da ciencia ficción pero no futuro quen sabe...
Polo momento Homer Simpson xa conseguíu viaxar dende o seu universo en dúas dimensións ao noso universo.
Nestes dous vídeos podes ver unha explicación moi interesante sobre os efectos da gravidade no espacio e sobre a posibilidade da existencia ou non dos buracos de verme.