CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Traballo: A orixe da vida sobre a Terra.

Hoxe imos traballar na web do proxecto biosfera.



INSTRUCCIÓNS:

1- Realiza a actividade inicial.

2- Contenidos: lé e vai facendo as actividades dos seguintes puntos

3- Vai tomando nota dos aspectos máis importantes de cada apartado no teu caderno. Na próxima clase faremos unha posta en común.

4- Resposta ás seguintes preguntas como un comentario no blog. (lembra, poñer o teu nome de pila, SEN APELIDOS, número e curso.) Tes de prazo para publicar o teu comentario ata o domingo 19 de decembro.

      1. Queres investigar si hai vida nun planeta, que substancia é imprescindible que atopes para que haxa algunha posibilidade de atopar seres vivos?
      2. A Terra ten a masa axeitada para que se desenvolvese a vida. ¿Qué quere dicir esto?
      3. Qué nome recibe a teoría máis aceptada sobre a orixe da vida?
      4. Que son os coacervados?
      5. Qué son os bioelementos? Cales son os principais bioelementos?
      6. Que son as biomoléculas?
      7. Cales son as biomoléculas inorgánicas?
      8. Cal era a composición da atmósfera primitiva antes da aparición dos seres vivos? Cal é a composición da atmósfera actualmente?