CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

martes, 12 de mayo de 2009

Gecos: máis hábiles que Spiderman

En qué se parecen?




Si a Chris Sharma, un dos mellores escaladores do mundo, lle preguntaran en que animal lle gustaría transformarse diría sen dúbida que en geco.



Pero que teñen de especial estes animaliños?
Ben os gecos ou salamanquesas son uns réptiles da familia gekkonidae que teñen a incrible habilidade de adherirse as superficies máis lisas que un poida imaxinarse, como por exemplo, trepar por un cristal húmido.

O SEGREDO ESTÁ NOS PÉS

Pero como poden facer tal cousa? Ben a resposta está na estructura dos seus dedos, que parecen froito dun deseño de alta tecnoloxía.



Os dedos destes animais teñen unha superficie rugosa, e si os observamos ao microscopio veremos como estas rugosidades se dividen en filamentos, e estes filamentos en outros filamentos ou setas máis finos e así sucesivamente ata conformar unha estrutura de miles de millóns de peliños microscópicos que entran en contacto coa superficie sobre a que se sitúa o animal, entón actúan unhas forzas intermoleculares chamadas forzas de Van Der Waals. Estas forzas son moi febles pero ao haber millóns de puntos de contacto entre as superficies estas forzas se multiplican.



COPIANDO AOS GECOS

Esto serviu de inspiración a determinadas empresas que fabricaron adhesivos e diferentes productos baseados na estructura das almoadiñas das patas dos gecos.
A empresa británica Bae Systems creou un material que cun so metro cadrado pode manter pegado un coche ao teito.

Un destes productos é o "geckel" un adhesivo inspirado nos gecos e na capacidade dos mexilóns de adherirse as rochas debaixo do mar, de xeito que este pegamento funciona incloso debaixo da auga.

Tamén estanse desenvolvendo vendas para o seu uso quirurxico e que poidan pegarse incluso en zonas húmidas.

Incluso estanse a deseñar robots trepadores que utilizando un diseño parecido ó dos dedos dos gecos
En definitiva como podedes ver a evolución chega a crear estructuras máis eficientes e inxeniosas que as dos mellores cerebriños humanos.

E agora unhas cantas acrobacias:



Para saber máis:
http://es.wikipedia.org/wiki/Gekkonidae
http://es.engadget.com/2008/06/12/el-waalbot-puede-subir-paredes-con-sus-patas-de-geco/
http://www.solociencia.com/medicina/08040106.htm
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/science/newsid_5219000/5219862.stm
http://www.technologyreview.com/es/read_article.aspx?id=147
http://www.euroresidentes.com/Blogs/nanotecnologia/2008_10_01_archive.html
http://nanoudla.blogspot.com/2007/10/el-geco-musa-biomimtica.html
http://www.northwestern.edu/newscenter/stories/2007/07/messersmith.html
http://en.wikipedia.org/wiki/Geckel
http://nanotechweb.org/cws/article/tech/30619
http://www.genciencia.com/tecnologia/geckel-nuevo-pegamento-sintetico-inspirado-en-los-mejillones-y-las-salamanquesas