CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

viernes, 22 de octubre de 2010

Sobre masas e pesos, forzas e presións.

Nesta unidade estudiamos as diferencias entre masa e peso, as forzas e presións, imos avanzar un pouco máis neste eido. Para a seguinte hora propóñoche o seguinte traballo:

1. Quero que calcules o peso dunha persoa de 50 kg na Lúa, Marte, Xúpiter e o Sol.

2. Indica que masa equivalen eses pesos na Terra.

3. Explica qué é necesario para que un barco flote. Para esto bótalle unha ollada ao
principio de Arquímedes.

4. Resposta: que algo flote ou non, depende do seu peso? Explica a resposta tanto si é afirmativa como si é negativa.

5. Unha das aplicacións la
Lei de Pascal é unha máquina coñecida como prensa hidráulica. Explica brevemente o que se consigue con ela e a súa utilidade.

Algunhas indicacións: Se nas túas pescudas te atopas con complexas expresións matemáticas non lles fagas caso, trata de comprender as cousas máis básicas, con eso e un pouco de traballo mental podes respostar tódalas preguntas.

RESPOSTA A CADA PREGUNTA CON UN COMENTARIO A ESTA ENTRADA. NON ESQUEZAS POÑER AO FINAL O TEU
NOME DE PILA SEN OS TEUS APELIDOS, O TEU NÚMERO E CURSO.

BO TRABALLO!!!