Eso é o que ofrece o mago James Randi dende 1996 a quen demostre que ten poderes paranormais.
Na televisión moitos son os que alardean dos seus dons e asombran ás audiencias... pero non son máis que simples trucos... eso ou é que non lles importan os cartos xa que, de momento, ninguén gañou o premio.
Nembargantes moitos destes charlatáns de feria adícanse a estafar xente botándolle as cartas ou interpretando o seu horóscopo.
Supoño que se tí ou eu tivéramos algún destes poderes o primeiro que fariamos sería mercar o décimo de lotería que predicimos vai tocar e despois reclamariamos o noso premio ao señor Randi. Non nos precisaríamos montar unha consulta ou sair na televisión.
O pasado mes de maio Mr. Randi estivo na Illa de San Simón nun congreso de ilusionismo e neurociencia. Vos deixo con él.