CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

sábado, 28 de abril de 2012

Parásitos controladores de mentes III: Hymenoepimecis argyraphaga

Os Icneumónidos son un grupo de himenópteros semellantes ás vespas que parasitan a outros artrópodos, polo que son eficaces controladores naturais de plagas.


A especie que nos ocupa, Hymenoepimecis argyraphaga, é natural de Costa Rica e parasita a araña Plesiometa argyra.


O procedemento é o seguinte, a vespa pica a araña e inxéctalle unha toxina paralizante, entón aproveita para poñer un ovo no seu abdome. 


Vespa poñendo o ovo na araña

Cando pasa o efecto da parálise a araña sigue co seu labor durante 1 ou 2 semanas, tempo no que o ovo eclosiona e a larva comeza a medrar alimentándose do sangue da araña.

 Larva de vespa sobre o abdome da araña




Pasado un tempo, a larva comeza a controlar ao seu hospedador, facendolle tecer unha tela en forma de "X" destinada a que a larva constrúa alí o seu capullo. Entón a araña queda inmóbil no centro e a larva a mata succionando os seus fluidos internos ata que só o exoesqueleto valeiro. Despois constrúe o seu capullo colgando do centro da tela que a araña construiu para ela, alí se produce o proceso de metamorfose e uns días despois sae a vespa adulta.




Tela normal (esquerda) e modificada co capullo da vespa colgando (dereita)


Outras especies de vespa do mesmo xénero teñen comportamentos semellantes. Neste vídeo podedes ver outro caso dunha especie do mesmo xénero do Brasil.


Infromación atopada en entomoblog