CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

domingo, 2 de diciembre de 2012

Homes na Lúa? Vai ser que sí.


Por internet atópanse numerosas informacións que cuestionan que o ser humano pisara a Lúa. Din aportar numerosas probas: sombras non paralaelas, que a bandeira ondea, que no ceo da Lúa non se ven as estrelas...

En fin, que todo foi amañado polo goberno estadounidense, e que as famosas imaxes son unha película rodada no deserto.

Neste documental producido pola ETB, analizan estas supostas probas de que todo foi un amaño.

Non hai nada mellor que a perspectiva científica para desmontar as teorías conspirativas.