¿É o home un ser veloz?
A resposta é sí, pero tamén non. Todo depende de con qué o comparemos.
Comparando unha tartaruga cunha persoa de 30 anos, por exemplo, nunha carreira, gañaría a persoa, seguro. Unha persoa pode andar entre 4 e 6 km/h, e correndo pode alcanzar os 37 km/h. Pero a cosa cambia se a carreira dispútase entre un guepardo e un home. Este experto corredor pode chegar aos 120 km/h! A velocidade media á que va un coche pola autopista. Pero todo ten defectos, xa que o guepardo non pode aguantar moito tempo a esta velocidade.
Aquí tendes un guepardo botando unha carreiriña.
Velaí dúas carreiras entre un guepardo e un home... a ver si adiviñades cal está trucada ;)
Isto na terra, pero no mar? Cal é o animal máis rápido nas profundidades mariñas? Trátase do tiburón mako, que pode chegar aos 124 km/h grazas á súa forte musculatura e á súa perfecta hidrodinámica.
Se nos trasladamos ao aire, temos ao Vencexo, que alcanza os 170 km/h en voo muscular. Pero cando se trata de voo en picado, o sin duda gañador é o Falcón Peregrino, que alcanza os 300 km/h, por suposto, pode chegar a esta velocidade grazas á axuda da forza da gravedade da Terra. Trátase, por tanto, do animal máis rápido do planeta.
Fontes:
http://es.wikipedia.org/wiki/Isurus_oxyrinchus#Velocidad
http://www.revistadini.com/noticia/569/top-10-de-los-animales-mas-veloces-de-la-tierra.html
http://www.islote.com/four/los-animales-mas-veloces-del-mundo.html