A "Pegada Ecolóxica" é unha manera de medir o uso que cada un fai dos recursos do planeta. Xa sabes que o planeta ten recursos limtados, e que se consumes máis rápido do que tarda en rexenerarse un recurso, este remata por esgotarse.
Ademáis a extracción, transporte e utilización dos recursos causa un impacto sobre o planeta. Feitos tan sinxelos como deixar unha luz encendida, mercar alimentos importados en vez de productos locais, poñer a calefacción ou ir en coche en vez de a pé ou en bicicleta fan que despilfarremos recursos e contribuamos a contaminar o planeta.
Desto somos especialmente responsables os países máis desenvolvidos como podes ver no gráfico.
A pegada ecolóxica é unha maneira de calcular canto "espacio de planeta" precisarías para manter o teu estilo de vida. Tocaríamos a 2,1 hectáreas por persoa, nembargantes fíxate cantas precisaríamos en promedio os españois e compárao con calquera país africano.
Gostaríache saber, cal é a túa pegada ecolóxica?
Podes calculalo clicando aquí.
Qué che deu?
Esperabas algo así?
Qué podes facer para reducir a túa pegada ecolóxica?
Pensas cambiar en algo o teu estilo de vida?
Deixa a túa opinión ou comentario.