(fonte)
A persoa que observa o espellismo ten a sensación de ver unha masa de auga onde moitas veces aparecen invertidas a modo de reflexo imaxes dos obxectos que están arredor.
Espellismo nunha estrada (Fonte)
Un tipo de espellismo moi curioso é o coñecido como "fata Morgana" (fada Morgana en italiano), neste fenómeno os obxectos situados no horizonte aparcecen flotando deformados fantasmagóricamente. Este tipo de espellismo pode facer que aparezan algo semellante a montañas ou illas no horizonte e están asociados a fenómenos de inversión térmica.
Fata Morgana (fonte)
Por certo, a fada Morgana é, nas lendas artúricas, a irmá do rey Arturo. Morgana era discípula de Merlín e según a lenda podía cambiar de forma, de ahí o nome deste espellismo.
De propina un par de vídeos do fenómeno Fata Morgana:
As montañas do fondo non existen.