Esta imaxe está formada pola unión de moitas fotos como a anterior e nos ofrece un mapamundi da iluminación nocturna, e do gasto enerxético global.
(Foto atopada aquí)
Non fai falla ter unha gran capacidade de observación para darse conta da irregular distribución do gasto enerxético no noso planeta.
Esto explícase porque grandes extensións a escuras correspóndese con zonas escasamente habitadas como a Antártida, Groenlandia, o Sáhara ou o interior de Australia como podes comprobar no mapa seguinte onde aparecen sombreadas as rexións do planeta cunha densidade de poboación superior a 30 habitantes por quilómetro cadrado.
(Mapa atopado aquí)
Pero outras zonas simplemente correspóndense con países subdesenvolvidos. (no mapa de abaixo tés os distintos países do mundo cunha superficie proporcional ao seu nivel de riqueza)
(Mapa atopado aquí)
Unha vez máis temos o contraste entre o despilfarro e a escaseza.