CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

domingo, 12 de abril de 2009

AS PLANTAS CARNÍVORAS

Excelente aportación do nos@ alumn@ "anónim@". Ánimo e a seguir así.

O seu nome non nos leva a pensar en algo agradable, precisamente. Soa como se fose un gran depredador que nos pode comer con facilidade se nos acercamos ou a tocamos. Pero non é asi, por sorte. Bueno, para nós non, pero para moitos insectos si que son perigosas.
Pero, por que estas plantas necesitan alimentarse de animais se, de toda a vida, as plantas fan a fotosíntese?
Pois ben, a maioría destas plantas crecen en lugares co chan en malas condicións, onde unha planta calquera non poderia sobrevivir. Grazas a este tipo de alimentación (ademais de os nutrientes que obteñen da fotosíntese) poden vivir nestas zonas. 

E cales son exactamente?

Pois denomínanse plantas carnívoras a aquelas que atraen, atrapan e dixeren á présa. Por tanto se unha planta soamente atrae a algún insecto polas súas cores ou polo seu aroma, non se considera unha planta carnívora. 


Que técnicas usan para atrapar á súa présa?

Hai, maioritariamente, 5 técnicas. Imos velas unha a unha: 


1. Por unha substancia pegajosa.
   
 A Drosera rotundifolia por exemplo, usa esta técnica. No extremo duns filamentos que salen das súas follas ten unha glándula con ese líquido que fai que se un animal lixeiro (insecto ou parecido) se pose levemente nel, quede atrapado. 

Solen atoparse en zonas húmidas en toda Europa, menos na zona do Mediterráneo. 
Tamén as chaman Rocío de sol xa que as súas “gotiñas” parecen inocentes gotas de rocío. 



2. Polo olor que desprenden.

O lirio cobra (Darlingtonia californica) chámase así polo seu aspecto de serpe con lingua. Esta lingua segrega unha substancia que atrae ás víctimas, o seu olor dulzón intensifícase a medida que o insecto se acerca. 

É orixinaria dos Estados Unidos.




3. Por unha trampa/succionadora

A utricularia ou Lentibularia (Utricularia Vulgaris) é un exemplo desta estratexia.
Cando un insecto se posa sobre uns peliños que ten na superficie, ábrese unha trampilla que succiona á présa. Este movemento é dos máis rápidos no reino vexetal: só tarda 15/1000 de segundo!

Esta planta vive en augas profundas de ríos ou lagos, en todos os continentes, excepto na Antártida.



4. Por unha trampa/túnel.

A “planta trompeta” (Sarracenia leucophylla) é coñecida pola súa forma de tubo alongado cunha tapadeira no extremo. Cando os insectos acuden a esta “boca” atraídos pola súa cor, resbalan cara ao interior da planta, sen poder salvar a súa vida ao final deste túnel.

Son orixinarias dos Estados Unidos.



5. Por unha trampa/cepo

A Venus atrapamoscas (Dionaea muscipula) é das máis famosas plantas carnívoras. Nas súas follas teñen uns dentes, o que nos recorda a unha boca aberta de par en par. Esta trampa funciona atrapando ao insecto na súa “boca”, o aplasta con tanta forza que morre antes de ser dixerida.

É común dos estados norteamericanos de Carolina del Norte e do Sur, onde os invernos non son moi fríos.





Para saber máis:

http://www.asturnatura.com/especie/drosera-rotundifolia.html

http://www.plantascarnivoras.es/curiosidades.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Planta_carn%C3%ADvora
http://fichas.infojardin.com/plantas-carnivoras/darlingtonia-californica-planta-cobra-lirio-cobra.htm
http://fichas.infojardin.com/acuaticas/utricularia-vulgaris-lentibularia.htm
http://en.wikipedia.org/wiki/Sarracenia_leucophylla
(está en inglés, tuve que traducir)
http://fichas.infojardin.com/plantas-carnivoras/dionaea-muscipula-venus-atrapamoscas-diana-atrapamoscas.htm
Nº 54 revista Muy Interesante junior
Nº 265 revista Muy Interesante