CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

miércoles, 15 de abril de 2009

Coltan: Tecnoloxía manchada de sangue

O coltan está formado pola mezcla de dous minerais, a tantalita e a columbita. Polas súas propiedades é imprescindible para a fabricación de numerosos aparellos electrónicos: videoconsolas, reproductores mp3, teléfonos móbiles... e incluso é empregado na fabricación das modernas armas "intelixentes". Basta dicir que Sony tivo que aprazar o lanzamento da play Station 2 debido a unha escaseza deste mineral.

A República do Congo é un dos principais productores mundiais de coltan. A explotación e tráfico de coltan financiou guerras na rexión asociadas ao control dos xacementos.
Moitos mineiros traballan en réxime de semiesclavitude e recentemente comprobouse que nos xacementos hai isótopos radiactivos que contaminan aos traballadores. Os beneficios da explotación destes xacementos, nembargantes, cae en manos de multinacionais extranxeiras.
As explotacións tamén afectan negativamente a especies protexidas como elefantes e gorilas.

¿Qué podemos facer?

Pénsao, merca un móbil novo cando realmente o precises. Difunde esta información, os gobernos e os políticos reaccionan cando algo causa preocupación á sociedade.



Para saber máis:
http://es.wikipedia.org/wiki/Coltan#Referencias
http://www.elpais.com/articulo/futuro/coltan/mineral/estrategico/elpepusocfut/20070926elpepifut_4/Tes
http://www.diagonalperiodico.net/imprimir.php3?id_article=3223
http://www.afrol.com/es/especiales/13258
http://www.solidaridad.net/noticias.php?not=696