A seguinte imaxe publicada por investigadores del Instituto de Física y Tecnología de Kharkov , en Ucrania, amosa as primeiras imaxes detalladas dun átomo de carbono. En realidade o que se vé nas fotos son as nubes de electróns que ocupan case todo o volume do átomo. Tendo en conta que os electróns apenas teñen masa e que case toda a mase concéntrase no núcleo podemos decir que a materia é case todo valeiro!!!
As imaxes coinciden co esperado da teoría atómica actual e son semellantes aos debuxos cos que se veñen representando os átomos dende os anos oitenta.
Pé de foto: "As primeiras imaxes detalladas de átomos amosan a disposición das nubes de electróns arredor dun átomo de carbono, A e B representan duas diferentes disposicións das nubes de electróns"
atopado en microsiervos
Noticia orixinal aquí