CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

jueves, 24 de septiembre de 2009

A desaparición das abellas

Este luns atopei esto na versión dixital do "Faro de Vigo"

"Alarmados e impotentes, os apicultores galegos asisten desde hai uns anos ao despoboamento das colmeas en Galicia que, nalgunhas zonas, alcanza ao 85% do censo. A acción dos neurotóxicos, unhas potentes sustancias presentes en certos pesticidas é, segundo os apicultores, o principal causante deste desastre ecolóxico. Estes produtos, que chegan ás abellas a través do pole que capturan das plantas tratadas, provocan nelas unha perda de orientación que lles impide regresar ás colmeas e, finalmente, perdidas, morren."

Noticia completa clicando aquí

As abellas e abellóns son  os  polinizadores  máis eficientes da natureza, dito de outra maneira, moitas plantas que dependen deles para reproducirse poden acabar extinguíndose, e arrastrando tras de sí moitas outras especies de animais e plantas e producindo un desastre ecolóxico que por suposto también nos afectaría aos humanos. Sabías que o 30% dos nosos alimentos  proveñen de plantas polinizadas por abellas.

Hai incluso empresas que levan colmenas a áreas de cultivo abertas ou mesmo invernaderos para que as abellas fagan o seu traballo como polinizadores.

As causas desta desaparición  non están moi claras pero hai indicios que se debe a intoxicación que sufren as abellas ao alimentarse en flores tratadas con pesticidas, especialmente os que levan imidacloprid e fipronil . Algúns destes pesticidas están xa prohibidos en algúns países, mentres que en España seguimos empregandoos.

En fin que o tema é preocupante e de momento parece que os nosos gobernantes no son quen de tomar medidas para protexer a estes insectos.

Sería conveniente que os gobernos incentivaran e estimularan a producción agrícola sostible como a agricultura ecolóxica, respetuosa co medio ambiente, e que non usa substancias perigosas para os humanos ou o medio ambiente. nos como consumidores, temén temos poder, basta con comprar productos co certificado de agricultura ecolóxica.

Por último vos deixo este vídeo sobre a desaparición das abellas no noso país.