Despois das vacións de verán voltamos ao traballo. Esta entrada vai adicada a un programa divulgativo e moi ameno que RTVE emite os domingos pola tarde. Chámase tres 14 e ademáis de velo na tv tendes acceso a un bo número de vídeos en youtube ou na propia web de RTVE.
Pódese predecir o futuro?
Non, non é cousa de meigas ou adiviños. Esa é unha das funcións principais do noso cerebro, anticipar o que vai suceder nun futuro inmediato ou cercano baseándonos nas informacións que recibimos no presente, esto é clave para a supervivencia.
Hoxe en día podemos predecir con total exactitude a traxectoria dos astros, pero si falamos de sistemas máis complexos errar é fácil. Por exemplo, co coñecemnto da dinámica atmosférica que temos hoxe en día, podemos predecir cunha fiabilidade bastante alta o tempo que vai facer dentro dunhas poucas horas ou días, pero a probabilidade de acertar vai diminuíndo en previsións a máis longo prazo, por exemplo a 3 ou 4 días vista.
Esto é porque en sistemas tan complexos, unha variación insignificante nalgunha das variables pode producir cambios moi grandes a medio prazo.
Para que se comprenda mellor ocórreseme esta analoxía que ten que ver coas medidas angulares. Por exemplo se cometemos un erro de 1º co compás cando tomamos un rumbo e seguimos en línea recta durante 100 m o erro sería insignificante con respecto ao noso destiño. Pero si a distancia a percorrer fora duns 6000km o erro sería duns 100km!!!!
A ciencia traballa para coñecer mellor o mundo e así tratar de predecir fenómenos como erupcións volcánicas, sismos, a evolución do clima ou a traxectoria dun furacán.
Pero pódese predecir qué número vai tocar na lotería?
Non, nin se poderá nunca xa que é un experimento aleatorio, é dicir tódos os números teñen a mesma probabilidade de sair premiados. O que sí se pode predicir é a probabilidade de que toque a lotería como se ve neste vídeo.