CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

lunes, 30 de enero de 2012

Ejercicios de repaso de álgebra

Aquí os dejo unos ejercicios con sus soluciones para que os ayuden a preparar el examen.

Para descargarlos, haced clic AQUÍ.

martes, 24 de enero de 2012

Riqueza e gasto enerxético.

O outro día vimos a iluminación nocturna da Peninsula Ibérica dende o espacio. 
Esta imaxe está formada pola unión de moitas fotos como a anterior e nos ofrece un mapamundi da iluminación nocturna, e do gasto enerxético global.


(Foto atopada aquí)


 Non fai falla ter unha gran capacidade de observación para darse conta da irregular distribución do gasto enerxético no noso planeta. 


Esto explícase porque grandes extensións a escuras correspóndese con zonas escasamente habitadas como a Antártida, Groenlandia, o Sáhara ou o interior de Australia  como podes comprobar no mapa seguinte onde aparecen sombreadas as rexións do planeta cunha densidade de poboación superior a 30 habitantes por quilómetro cadrado. 

(Mapa atopado aquí)


Pero outras zonas simplemente correspóndense con países subdesenvolvidos. (no mapa de abaixo tés os distintos países do mundo cunha superficie proporcional ao seu nivel de riqueza)


(Mapa atopado aquí)


Unha vez máis temos o contraste entre o despilfarro e a escaseza.

martes, 17 de enero de 2012

Vídeos sobre el sonido, la vista y el oído.

Os dejo unos vídeos para ayudaros a estudiar.




Este es de publicidad de unos audífonos pero está bastante bien

lunes, 16 de enero de 2012

Vídeos sobre a luz

Aquí vos deixo uns excelentes vídeos didácticos sobre a luz e óptica, que vos poden servir para repasar e comprender mellor o estudiado na clase.


miércoles, 11 de enero de 2012

Os espellismos e a fada Morgana

Os espellismos son ilusións ópticas asociadas a gradientes de temperatura, é dicir a zonas onde o hai cambios bruscos de temperatura, e polo tanto de densidade, na columna de aire máis próxima ao chan. Esto fai que os raios do Sol se refracten varias veces e curven tanto a súa traxectoria que cheguen ao observador sen nin siquera tocar o chan. (Ver imaxe inferior).












 A persoa que observa o espellismo ten a sensación de ver unha masa de auga onde moitas veces aparecen invertidas a modo de reflexo imaxes dos obxectos que están arredor.

Roadway mirage
Espellismo nunha estrada (Fonte)


Un tipo de espellismo moi curioso é o coñecido como "fata Morgana" (fada Morgana en italiano), neste fenómeno os obxectos situados no horizonte aparcecen flotando deformados fantasmagóricamente. Este tipo de espellismo pode facer que aparezan algo semellante a montañas ou illas no horizonte e están asociados a fenómenos de inversión térmica.

22.03.2008 Vega påske, kjilvær 088, jpg6
 Fata Morgana (fonte)


Por certo, a fada Morgana é, nas lendas artúricas, a irmá do rey Arturo. Morgana era discípula de Merlín e según a lenda podía cambiar de forma, de ahí o nome deste espellismo.


De propina un par de vídeos do fenómeno Fata Morgana:


As montañas do fondo non existen.

jueves, 5 de enero de 2012

O noso despilfarro enerxético visto dende o espacio.

O pasado 4 de decembro os astronautas da Estación Espacial Internacional (ISS) tomaron esta espectacular imaxe nocturna da Península Ibérica. Aparte da súa indubidable beleza, a imaxe prodúceme un certo desasosego cando penso nas toneladas de combustibles fósiles queimadas que fan posible que o noso país, dende uns centos de quilómetros de altura, pareza unha árbore de nadal.

Imaxe orixinal