CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

lunes, 26 de marzo de 2012

Manto arácnido

Non,  non e neve, así quedaron os campos da cidade Australiana de Wagga Wagga despois de que unhas inundacións fixeran que miles de arañas fuxiran para salva-la súa vida. 


Estas arañas da familia Linyphiidae para viaxar deixanse ararstrar unidas a un fío de seda que, co vento, as impulsa polo aire coma se foran en parapente. Neste caso se vé que todas pousaron no mesmo lugar, e claro, había que volver construir a casa.


Información atopada  en entomoblog