CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

viernes, 16 de marzo de 2012

Parásitos controladores de mentes II: Leucochloridium paradoxum

Hoxe vos presento a outro manipulador de cerebros, o gusano platelminto Leucochloridium paradoxum, parásito do caracol Succinea putris.

 Todo comeza cando o pobre caracol inxire os ovos deste gusano, que eclosionan no tubo dixestivo do caracol e comezan a desenvolverse , para despois invadir os ollos que aparecen inchados, palpitantes e dun colorido moi chamativo, semellante o dunha oruga.

Pero o peor para o caracol é que se ve inducido a poñerse nos lugares máis visibles das follas e polo tanto máis perigosos. 

Despois algun paxaro atraido polo festival de cores ataca o caracol, e entón inxire as larvas deste gusano que completa o seu ciclo reproducíndose no tubo dixestivo da ave. Cando o paxaro defeca, xunto cos escrementos caen os ovos do platelminto que só teñen que esperar a ser inxeridos por un caracol para que se inicie de novo o ciclo.



Para saber máis clica aquí