Con este post imos iniciar unha serie adicada a uns animais fascinantes: parásitos, que non só se alimentan dos seus hospedadores, tamén cambian o seu comportamento, manipulando a súa mente para conseguir completar o seu ciclo vital.
Comezamos a serie cun pequeno gusano do grupo dos coñecidos popularmente como "pelos de auga", concretamente coa especie Gordius chilensis. Este gusano pertence ao filo Nematomorpha do que están descritas unhas 331 especies todas elas parásitas.
Este animaliño ten unha fase larvaria na que é parasito interno de insectos ortópteros. Vive e medra no seu interior ata que se volve adulto.
E agora ven o espeluznante.
O adulto ten vida acuática e induce ao insecto a que se suicide saltando a auga. Entón, como na famosa escena da película "Alien el Octavo Pasajero" o Gordius adulto comeza a sair do insecto que se retorce na auga todavía vivo.