CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

lunes, 23 de marzo de 2009

Alerxias

Irene falaba de alerxias e pole no seu comentario pero...  que é unha alerxia?

A alerxia é unha hipersensibilidade a unha particular sustancia que, se se inhala, inxere ou se toca produce uns síntomas característicos. 

A sustancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como "reaccións alérxicas". Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos chamados IGE. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, que producirán os síntomas típicos da reacción alérxica. (Fonte: Wikipedia)

para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/Alergia

http://kidshealth.org/parent/en_espanol/medicos/allergy_esp.html

http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000812.htm

E tampouco están demáis uns videos