CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

domingo, 22 de marzo de 2009

Supervolcáns

 Baixo a superficie de California e Wyoming axexan dous volcáns en hibernación dunha furia inimaxinable. En caso de entrar en erupción, cubrirían o oeste dos Estados Unidos con varios centímetros de cinza en cuestión de horas. Entre un e outro, fixérono xa como mínimo catro veces nos últimos dous millóns de anos. Supervolcáns parecidos arden baixo Indonesia e Nova Zelanda. Unha erupción supervolcánica equivale á forza devastadora dun asteroide que chocase contra a Terra, pero ocorre dez veces máis a miúdo. É un dos desastres naturais máis aniquiladores que a humanidade poida sufrir. Aparte da inmediata destrución que causarían as incandescentes emanaciones de cinza, os supervolcáns activos expulsan gases que alterarían o clima mundial durante anos. (fonte: Temas 55 - Investigación y Ciencia)