CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

miércoles, 25 de marzo de 2009

As maniotas (agujetas)

Información achegada por un/unha alumno/a que prefiere seguir no anonimato.

O outro día estaba moi dolorida nos brazos polas maniotas do outro día, en educación física. Entón pregunteime… Que son realmente as maniotas? Por que se producen? Como se quitan?
Por iso estou agora mesmo buscando información, para resolver a miña curiosidade sobre este tema. Espero que sexa do voso agrado e os interese o tema.
 
Que son?
As maniotas son leves roturas das fibras musculares, pero de mínima gravedade.
Científicamente falando, chámaselle dolor muscular de orixen retardado (DOMS en inglés).

Por que se producen?
Poden ser dous os motivos máis normais:
1- Porque esa fibra é débil e non resiste o nivel do exercicio
2- Porque fixemos un exercicio demasiado forte cando o corpo non está acostumado. Por exemplo, se ti empezas a xogar ao fútbol sen calentar antes, é posible que, se tes sorte, só teñas unhas maniotas terribles ao día seguinte, ou, se non teñes tanta sorte, que te lesiones.

O dolor, chega, aprox. Entre as 24 e as 48 horas do exercicio causante.

Como podemos quitalas?
O típico truco do vaso de auga con azucre non serve para nada. É só un mito.
O máis efectivo é o tratamento con antiinflamatorios ou a crioterapia (aplicación de frío nunha zona).


 

Fontes de información:
http://www.portalfitness.com/articulos/entrenamiento/agujetas.htm
http://www.vitonica.com/lesiones/que-son-las-agujetas-como-se-quitan
http://es.wikipedia.org/wiki/Agujetas