CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

jueves, 26 de marzo de 2009

Normas para elaborar posts ou comentarios

Hola a tod@s as propostas de novos posts sobre o Super Tsunami da illa da Palma, as plantas carnívoras ou sobre actividade volcánica extraterrestres parécenme ben. A ver si algún de vos se anima a desenvolver estes temas. A vindeira semana haberá novos enigmas para os detectives científicos.

Por outra banda se queremos facer algo realmente bo é importante ter en conta o seguinte:

1- Por favor revisade a ortografía.

2- Se trata de buscar información de varias fontes, contrasta-la e facer unha síntese, non de cortar e pegar todo un artículo doutra web.

3- Non vos limitedes a unha única fonte de información porque pode estar errada.

4- Se me enviades o post por e-mail enviádeme os links ou enlaces ás fotos e videos mellor que as fotos ou videos en sí.

5- Ao final facede unha reseña das fontes de información (enlaces de internet, libros, revistas...) empregadas na elaboración do traballo.

Grazas a tod@s