CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

lunes, 1 de junio de 2009

Curiosidades

0,0000007 gramos pesa unha mota de po. Necesitaríanse 4,3 millóns destas partículas polvorientas para acadar o tamaño dunha pebida de uva.

3/4 partes é a proporción de bacterias que viven nos nosos intestinos e aínda non foron identificadas polos científicos.

20 son as caquiñas que produce ao día un ácaro do po e que resultan irritantes para os alérgicos.

100.000 bacterias por cm2 ten o ser humano na superficie da pel.

1.000.000 de células da pel se descaman e caen cada 40 minutos.

25 veces diminúe o número de bacterias sobre a pel logo dunha ducha escrupulosa. Ao saír da ducha, a poboación bacteriana pasa de 150.000 a 6.000. 35 por m3 é a cantidade máxima de microbios no aire permitida no quirófano, o ambiente máis limpo.

300 frascos enchidos de po expóñense no Museo do Po, en Boston. Conteñen mostras polvorientas recollidas de sitios soados, desde os zapatos de John Belushi ata a cama de Hugh Grant.

3.300 por cm3 é a densidad de gérmenes sobre o teclado do ordenador que se alimentan dos fragmentos de cabelos, pel descamada e outras menudencias que caen sobre a súa superficie.

25.000 por cm3 é a poboación de microbios que vive pegada ao micrófono do teléfono.

100.000.000 é o número de bacterias que eliminamos a través das feces cada día. Nos excrementos pódense identificar ata 70 especies diferentes destes microorganismos. 112.000.000 de bacterias expulsa a diario unha persoa con diarrea. Cen millóns son da especie Escherichia coli; 10 millóns son do xénero Campylobacter, 1 millón son salmonelas e outro millón, Vibrio cholerae.

1.000.000.000 de xermes agáchanse nunha esponxa de baño.

12.000.000.000 de litros de gas producen a diario os intestinos de toda a humanidade.
Fuente: Maldita Ciencia