Irene de 1ºA ESO envíanos este interesante artigo.
O outro día botaron en Discovery Channel un documental sobre esta enfermidade, que nos pode pasar a todos pero que non temos conciencia de que é unha “enfermidade”. Desgraciadamente, cheguei xusto cando estaba a piques de rematar, así que decidín investigar e escribir un artículo para o blog, xa que me pareceu un tema interesante e curioso. Espero que vos guste.
¿Qué é?
- Trátase dunha condición muscular, na que, cando o individuo se atopa neste estado non pode moverse, pero ten conciencia do que está a ocurrir ao seu redor. Así, a persoa que está a sufrir unha parálise pode mezclar elementos ou alucinacións do sono con sensacións do entorno real, dando lugar a situacións de dificultade respiratoria, sensacións de afogo… Ademais, tamén se presentan unha serie de alucinacións que poden ser auditivas, visuais ou táctiles, ás veces o afectado pode ter a sensación de flotar ou levitar:
• As alucinacións auditivas: poden ser moi diversas, dende sons como pasos, zumbidos, silbidos… ata voces descritas polos afectados como intelixibles, noutro idioma. Cando se trata do seu idioma, son mensaxes moi directas como ameazas, ordes…
• As alucinacións visuais: ao igual que as auditivas, éstas poden ser diversas. Normalmente, atópanse figuras de persoas ou incluso animais vestidos de negro, pero cando o individuo sinte máis medo é cando a aparición trátase dun ser imaxinario como pantasma, demo…
• As alucinacións táctiles: son as experiencias máis comunes, e que ás veces poden chegar ao punto de que a persoa síntese agredida por medio de golpes, estrangulamentos, etc. Ademais, dáse un fenómeno denominada como A Presencia, na que o afectado sinte que hai unha persoa no cuarto, oculto, fóra da súa vista e normalmente que esa Presencia ten unha intención malvada ou malévola.
¿É común esta “enfermidade”?
É moi común, de feito no 50% das persoas, dáse esta situación polo menos nunha vez na súa vida.
¿Qué se debe facer para combatila cando está en proceso?
O primeiro de todo é relaxarse, pechar os ollos e respirar profundamente. Despois inténtase empezar a mover lentamente as extremidades do corpo, comenzando polos dedos.
Fontes:
http://es.wikipedia.org/wiki/Par%C3%A1lisis_del_sue%C3%B1o
http://foros.hispavista.com/problemas_psicologicos/621/124761/m/paralisis-del-sue%C3%B1o/
http://www.saludymedicinas.com.mx/nota.asp?id=1914
Documental da Discovery Channel.