CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

jueves, 4 de junio de 2009

Medindo a velocidade da luz cunha tableta de chocolate

Andrés H. de 1º ESO B envíanos este curioso experimento.

Saca do microondas o aro sobre o que xira o prato, para que este non poida rotar. Logo, pon no prato unha tableta de chocolate e hornéala á máxima potencia durante 90 segundos. Ao sacala, verás un par de buratos no chocolate que che permitirán medir a velocidade da luz.

A explicación. As microondas, ao estar confinadas, forman ondas electromagnéticas estacionarias. Estas son as responsables da parella de buratos. Mide a distancia entre eles -no noso caso, 6 cm- e multiplícaa por 2 e por 2.450.000 -a frecuencia das microondas-. Resultado: 294.000.000, unha cifra que expresada en m/s aproxímase ao valor da velocidade da luz que se obtén nos laboratorios de física (299.792.458 m/s).

Fonte: http://www.muyinteresante.es/index.php/ciencia/68/6797-icomo-se-mide-la-velocidad-de-la-luz-con-una-pastilla-de-chocolate