CIENCIAS NATURAIS E MATEMÁTICAS 1º e 2º ESO: recursos e curiosidades da ciencia.

domingo, 7 de junio de 2009

Un neno de sete anos propón a solución para "desatascar" ao Spirit

Hai xa un tempo que o vehículo Mars Rover Spirit da axencia espacial Estadounidense NASA percorre a superficie marciana.



A finais de abril as súas rodas quedaron atrapadas en terreo brando impedindo o seu movemento.



Mentres os responsables do proxecto pensaban en solucións un neno de sete anos propuxo empregar o brazo da cámara a modo de trípode para elevar lixeiramente as rodas e poñelo en movemento. O rapaz mesmo enviou a nasa un debuxo explicativo. Parece que esa era unha das solucións que estaban barallando os científicos que localizaron ao rapaz para enviarlle un agasallo.




Para saber máis:
http://www.microsiervos.com/archivo/ciencia/ninio-7-anios-sugiere-forma-sacar-a-spirit-de-atasco.html
http://www.microsiervos.com/archivo/ciencia/spirit-atrapado-en-marte.html
http://marsrover.nasa.gov/home/index.html
http://marsandme.blogspot.com/