Aroa G. de 1ºA ESO mándanos esta interesante entrada
A auga do mar é aquela que se pode encontrar nos océanos e nos mares da Terra. É salgada pola concentración das sales minerais disoltas, principalmente proveñen das rochas que se poden ver na terra, un 55%. O océano contén un 97,25% do total da auga que forma a hidrofera, a parte acuática da terra.
Os 2/3 dos elementos químicos atópanse no mar. Hai seis componentes, que forman un 99% da composición dos solutos. Todos estes componentes son ions, que son uns átomos ou unha molécula cargada eléctricamente.
A salinidade é a sal disolta que hai nun corpo; é dicir, o contido de salino na auga ou na terra. De todos os mares abertos, o Mar Rojo, presenta a maior salinidad, un 40%, e o Mar Báltico é o que menor salinidad contén, un 6%.
Fonte hidrotermal
¿ Cómo chega ao mar ?
A auga cae sobre a terra, e esta contén dióxido de carbono que se atopa no aire de forma disolta. Isto provoca que a auga sea un pouco máis ácida, pola combinación do dióxido de carbono coa auga. A chuvia erosiona as rochas, o ácido disólvese sobre elas e logo convertese en ions, por exemplo cloruro e sodio, que son os compoñentes do sal,ata que finalmente deposítanse no arroios dos rios, chegando aos océanos. Os ions permancen longos periodos o que provoca que aumeten co paso do tempo, por exemplo; os ions que podemos atopar no mar son os cloruro e o sodio,que representan un 90% do total dos ions.
As erupcións submarinas
Fórmanse igualmente que nas erupcións terrestres. Xeralmente danse nos límites das placas tectónicas que se atopan baixo a agua. O magma baixo presión ascende polas gretas ou fisuras destas placas. A presión elevada da auga nas zonas de profundiades maiores a 2000 m provoca a a disolución dos gases. Se a lava chega a superficie terrestre, pode chegar a formar illas volcánicas. Esta é outra fonte de sales no mar
Fontes hidrotermais submarinas.
Son aberturas ou fisuras na corteza do planeta do que sae auga quente. Estas augas saen quentes nas profundidades da Terra, e son de interés centífico.
O motivo é que nas zonas que están preto destas fontes son máis productivas cas augas colindantes, e albergan un ecosistema extraodinario e diverso. A auga que mana destas fontes tamén é moi rica en sales minerais.
Flotando no mar morto
Fontes:
http://weblogs.madrimasd.org/ciencia_marina/archive/2008/03/28/87619.aspx
http://www.laflecha.net/canales/ciencia/noticias/investigadores-exploraran-fuentes-hidrotermales-submarinas
http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20090304184256AAQnGEb
http://elpregunton.blogspot.com/2006/09/por-qu-el-mar-es-salado.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Salinidad
http://es.wikipedia.org/wiki/Ion
http://es.wikipedia.org/wiki/Agua_de_mar